lunes, 18 de junio de 2012

Amiga, namorado vou

Por oír a unha rula decir de amor,
amiga, namorado vou!

Por mirar as cerdeiras como botan fror,
amiga, namorado vou!

Por verte non te veo, no verde prado
amiga, namorado vou!

Porque non me non queres por teu namorado!
amiga, namorado vou!

- No vento poréi este meu lume novo
porque ardan as rulas, as cerdeiras e todo!

Amiga, namorado vou!

Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama riveira (1933)

Versións:
Amancio Prada: Amiga, namorado vou / Amor de auga lixeira*; A dama e o cabaleiro; 1987; Pista 7



Amancio Prada: Amiga, namorado vou; 3 poetas en el círculo; 1998; Pista 6



*[O tema musical remata co poema Amor de auga lixeira de Álvaro Cunqueiro]

No hay comentarios :

Publicar un comentario