lunes, 18 de junio de 2012

A dorna vai e ven

Si miña señora á i-alba de Arousa beilar,
poñereille, belida, un ventiño no mar.
!A dorna vai e ven,
que meu amor ten!

Poñereille unha frauta e máis un reiseñor
e unha longa soedade coma a da mar maior.
!A dorna vai e ven,
que meu amor ten!

Na illa de Cortegada poñereille un galán
por pastor de mareas co seu remo na man.
!A dorna vai e ven,
que meu amor ten!

Poñereille unha gaita no bico da ría
e unha abelaneira no medio do día.
!A dorna vai e ven,
que meu amor ten!

Álvaro Cunqueiro: Mar ao norde (1932)

Versións:
Xil Ríos: Cantiga nova; Tan ta ran tan; 1981; Cara A, Corte 5



Amancio Prada: A dorna vai e ven; A dama e o cabaleiro; 1987; Pista 6



Amancio Prada: A dorna vai e ven; 3 poetas en el círculo; 1998; Pista 5



A Quenlla: A dorna; 30 anos con A Quenlla de amor, dor e loita; 2013; CD1, Pista 2

No hay comentarios :

Publicar un comentario