lunes, 17 de marzo de 2014

Canzón pra que un neno non durma

                    Ao meu gran amigo Piñeiro

Non durmas
meu neno pequeno…
Bule, berra, chora.
Teu pai está fóra.
Racha cos pes
esta sábana
        de medo.
Non peches os ollos
        neno pequeño.
O vento zoa,
        non peches os ollos.
A morte
        ronda por fóra.
Vexo o río mouro
e unha folla morta.
Bule, berra, chora.
Teu pai está fóra.

Luis Pimentel: Triscos (1950)

Versións:
Xosé Manuel Conde: Canzón pra que un neno non durma; Bule, berra, chora; 1976; Cara A, Corte 5



Miro Casabella: Canzón pra que un neno non durma; Ti, Galiza; 1977; Cara B, Corte 2



Víctor Aneiros: Canzón pra que un neno non durma; Héroe secreto; 2008; Pista 10

No hay comentarios :

Publicar un comentario