viernes, 20 de noviembre de 2015

Longa noite de pedra

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.

Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra (1962)

Versións:
Xavier*: Longa noite de pedra; Xis 6 Edigsa/Xistral (EP); 1968; Cara A, Corte 1



Luis Emilio Batallán: Longa noite; Ballet da nena; 1990; Cara A, Corte 2



Luis Emilio Batallán: Longa noite; Ballet da nena; 1994; Pista 2

(Reedición en CD da versión do disco Ballet da nena, do ano 1990.)




Astarot: Longa noite de pedra; Longa noite de pedra; 2005; Pista 5



Arredemo: Longa noite de pedra; Nin sequera a choiva; 2007; Pista 6



Miguel A. Suárez**: Longa noite de pedra; Once máis 15; 2009; CD-Libro; Pista 4

(Reedición da versión do disco Nin sequera a choiva, do ano 2007.)




O cadelo lunático: Longa noite de pedra (ad libitum); Malos tempos; 2015; Pista 10



*[Xavier González del Valle]
**[Miguel A. Suárez é un dos compoñentes do grupo Arredemo. A versión musical incluída na obra Once máis 15 de Edicións do Cumio, S.A., do ano 2009 é a mesma que a publicada po-lo grupo antedito no seu disco Nin sequera a choiva, do ano 2007. Descoñecemos a razón po-la que non figura o nome do grupo musical e sí o nome dun dos seus compoñentes.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario