sábado, 29 de julio de 2017

¡A rodiña... roda!

Volvoreta,… ¡voa!...
¡Voa, volvoreta!...
Volvoreta, ¡vente
conmigo pra serra!

Alí hai tomelo,
tamén herbaboa,
e alí xogaremos
¡á rodiña, roda!...

Verás aos pastores
gardar nas ovellas,
e ouvirás na ermida
cantar a novena.

Volvoreta;… ¡voa!...
¡Voa, volvoreta!...
Que o sol pola cume
xa doura na serra.

Frorece o tomelo,
tamén a herbaboa,
e alí xogaremos
¡á rodiña, roda!...

Dora Vázquez: Oriolos neneiros (1975)

Versións:
Suso Vaamonde: A rodiña roda; Rapazas, rapaces e rapazadas; 1997; CD2, Pista 7

No hay comentarios :

Publicar un comentario