lunes, 20 de noviembre de 2017

Camiño de ferradura

(…)

(A escea fica en silenzo. A tormenta crece. Andan a rolar con estrondo impoñente polo ceo os tronos. Os lóstregos óllanse ó través da grande fenestra. Pola pequena porta da esquerda aparesce Bolaño, ferido, pálido, sangrando. Atravesa o taboado, paseniño, paseniño, até quedar ollando o camiño pola vidreira.)

XII

BOLAÑO:
¡Camiño de ferradura
que levas a Mondoñedo!
¡Nova rúa da Amargura!
¡Ou vereda da inxustiza
pola que rube ó martirio
o redentor da Galiza!
¡Dalle paso doce e brando,
que tamén él vai doído,
antre saións e sangrando!
¡Tamén él, todo bondades,
leva ás costas a cruz sagra
dun sono de libertade!
¡Tamén él cheo de dores,
vai con coroa de espiñas
posta de man de treidores!
¡Tamén él murcho e maltreito,
como rosa de pasión
leva unha chaga no peito!
¡Camiño de ferradura
aberto ó paso da Morte
na noite tristeira e escura,
leva con paz e sosego
ó soñador dunha patria,
ó novo Cristo galego!

(…)

Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte: Acto 2º, Escena XIIª. O mariscal (1926)

Versións:
Miro Casabella: O mariscal; Ti, Galiza; 1977; Cara B, Corte 4

No hay comentarios :

Publicar un comentario