viernes, 3 de noviembre de 2017

O petrucio

A Terra fíxose nil verbo armoñoso
transustanciado en música para darnos
a dimensión esacta dos camiños,
dos ventos e solpores,
das mañás transparentes
e das escuras noites da intrahistoria.

Pasade caladiños.
Estades diante a Fala,
descubrídevos.

Celso Emilio Ferreiro: Cimenterio privado (1973)

Versións:
A Quenlla: Irmau Daniel*; Os tempos inda non, non son chegados; 1986; Cara B, Corte 1



A Quenlla: Irmau Daniel*; As nosas cancións, vol.2; 1998; Pista 9

(Reedición da versión do disco Os tempos inda non, non son chegados, do ano 1986)




*[O recitativo deste poema de Celso Emilio Ferreiro está inxerido nunha composición musical propia do grupo A Quenlla.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario