jueves, 3 de mayo de 2018

El bojeo

Nacera en Tui, ao pé do río Miño,
con vocación de aventura e de misterio,
enrolouno Colón nunha viaxe
e fíxose experto mariñeiro,
navegou con audacia os sete mares.

Soubo de trebóns e malos ventos,
pasou por penurias e naufraxios
e como home de mar foi sempre un exemplo.

Sebastián Ocampo
capitán galego,
ti mostraches que Cuba era unha illa ao mundo entero.
Sebastián Ocampo
capitán galego,
con audacia e con valor realizaches o primeiro bojeo.

Don Cristovo coidou que a illa de Cuba
era parte do continente inmenso,
—ou, Don Cristovo sempre o coidou—
e ante a dúbida xeneralizada
o rei de entón, Fernando Primeiro
deu orde ao gobernador
de que se circunvalase a illa cun bojeo,

e Ocampo en oito meses con dous barcos,
circunvalouna con total esmero
e carenou as naves onde hoxe a Habana ten asento.

Xosé Neira Vilas: Son galego, son cubano (2015)

Versións:
Roi Casal: El bojeo; Son galego, son cubano; 2017; Pista 4

No hay comentarios :

Publicar un comentario